Sandra Vilela inicia unha rolda de contactos cos veciños de Muxía para expoñer o plan do PP

05:19 24/10/18

O Grupo Municipal do PP no Concello de Muxía iniciará a próxima semana unha rolda de contactos, “porta a porta”, cos veciños de todas as parroquias da localidade. Sandra Vilela quere escoitar as reivindicacións e necesidades dos veciños para levalas ao concello.
Comezará polo lugar de Suxo, na parroquia de San Martiño de Ozón, levando un díptico informativo e informando da laboura de oposición realizada polo PP ao longo da presente lexislatura.