Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O BNG de Muxía urxe a reparación das marquesiñas

O BNG de Muxía urxe a reparación das marquesiñas

Xa no pasado mes de maio o BNG de Muxía denunciaba o estado no que se atopaban algunhas das marquesiñas empregadas pola rapazada para o transporte escolar. Daquela os veciños e veciñas que se reuniran cos representantes do partido explicaron que secomunicara este feito ao alcalde e setembro de 2022 e, segundo indican, a resposta foi "isto está
arranxado a semana que vén". Pero as reparacións non chegaron.

Dende o BNG critican que non se arranxara ningunha das paradas e sinalan que "o estado dalgunha, como a de Suxo ou a dos Pasantes, fai recomendable que os usuarios non as empreguen; as que tiñan algún vidro rompido, como a de Mintiráns, retiráronselle todos (incluso os que estaban en bo estado) e non se repuxeron; nalgún caso, incluso se retirou a propia marquesiña deixando no sitio un banco á intemperie (en Sorna) ou mesmo nada (en Senande)".

A situación das marquesiñas, que afecta a veciños e veciñas de moitas localidades, foi exposta pola portavoz do BNG, Mercé Barrientos, no pleno ordinario do 20 de xullo, no que abundou en que o inicio do curso estaba á volta da esquina e que o estado das paradas faría que no outono, coa chegada das chuvias, os escolares e outros usuarios non puideran resgardarse para esperar o transporte. A resposta do mandatario municipal foi que serían substituídas todas á maior brevidade.

Marquesinas de Sorna-Mintirans-Pasantes e Suxo
Marquesiñas de Sorna, Mintiráns, Pasantes e Suxo

Ante o inminente inicio do curso, o BNG de Muxía e a veciñanza urxen ao goberno municipal a poñerse a traballar canto antes para que non lles pase como o pasado ano e no 2024 teñan que estar a reclamar de novo este servizo.

Comentarios