Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O tecido empresarial de Muxía prepara a súa inmersión na rede

Presentación Muxía na Rede
O tecido empresarial de Muxía prepara a súa inmersión na rede

A plataforma ‘Muxía na rede’ vai collendo forma. Será unha das medidas do Plan de Reactivación do Concello de Muxía, e onte o tecido empresarial de Muxía reuniuse co Concello e os responsables tecnolóxicos para detallar o contido.

A xuntanza tivo lugar no salón de Plenos, á que acudiron o alcalde, Iago Toba; a concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, a ADL do Concello, Anabel Piñeiro e unha representación dos comerciantes e hostaleiros de Muxía.

Este directorio, ademais, serviralle de base de datos á administración muxiá para futuras campañas de promoción económica, algo que ‘resultará moi práctico para ter un rexistro telemático dos comercios e empresas adheridos á mesma’, comenta a axente de desenvolvemento local do Concello, Anabel Piñeiro.

Polo momento hai inscritas un total de 49 comercios e empresas, aínda que esperan que aumente o tecido involucrado.

Novas relacionadas

A Rede da Costa abre a súa plataforma virtual para todos os negocios da comarca

Comentarios