Temporal en Muxía: 3 días sen luz

Seguimos repasando consecuencias do temporal e temos que volver por Muxía, un dos lugares máis afectados. Así o denuncia a Asociación Muxía Turismo Rural, que quere manifestar o seu malestar ante a falta de fornezo eléctrico durante tres días en varios puntos do municipio da Barca. Unha situación que ocasionou graves perdas nalgúns dos establecementos na atención ás reservas dos clientes.
Os usuarios afectados poderán solicitar colaboración na oficina de reclamacións que abrirá o Concello de Muxía ante esta “situación tercermundista”.
Caída do tenido
Difícil sempre saber as causas destes problemas, pero perfectamente puido ser pola caída duns cables caídos na Rúa Dr. Toba, Paseo do Coido, sobre as 9:00h do pasado sábado. A anclaxe do poste cedera deixando colgando os cables, quedaban a dous metros e medio da estrada polo que facía perigoso o paso dos vehículos e dos peóns. Despois de comunicar con averias da empresa o cargo da liña, foron os responsables da mesma os que se achegaron a solventar os problemas, ante a vixilancia da Policía Local.
Retirada da árbore en Carballo

Na mañá do sábado tamén os Bombeiros de Carballo tiveron que ir ata Estévez, Ardaña. Unha árbore caera á estrada e está apoiada nuns cables de alta tensión. Unha vez no punto xa estaban traballando operarios de Cobra e Fenosa para cortar a tensión na liña e así poder retirar a árbore. Logo da desconexión da tensión os Bombeiros procederon a retirar a árbore, suxeitando o cable para evitar un “latigazo” ao quitarlle o peso do tronco. Unha vez retirado, limparon a vía con auga a presión e avisamos a Cobra para que acudisen de novo a reestablecer o servizo.
Novas relacionadas
- 03-02-17: Fisterra, Corme e Malpica levan a peor parte e sofren a ferocidade do temporal.
- 02-02-17: Desaloxan o IES Ramón Caamaño de Muxía ao desprenderse parte da súa cuberta.
- 02-02-17: O temporal pon en alerta vermella o mar da Costa
- 01-02-2017: Un quimiqueiro queda á deriva fronte a costa de Fisterra.
- 01-02-2017: Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).