Un terremoto de 3,1 con epicentro en Muxía sacude a Costa da Morte
07:41 04/12/23
Notouse en moitas casas o terremoto acontecido esta mañá de luns 4 de decembro. Un terremoto de 3,1º na escola Ritcher con epicentro en Muxía sacodía a comarca ás 6:38horas.
O epicentro tivol lugar netre Quintáns, Añobres, Castelo e Serantes, terra adentro, algo moi pouco habitual.
Foi ademais, moi superficial, a só 1km de profundidade. Sentiuse en zonas como Baíñas, A Gándara, Caxadas, Vilaseco, Cee e Dumbría.
Se o sentiches, comparte aquí a túa experiencia co IGN.
SUCESOS SEMELLANTES
- Setembro 23: Un leve tremos en Laxe.
- Marzo 23: Rexistrado un leve tremor no litoral de Muros.
- 30-12-2022: Rexistrado esta madrugada un terremoto de 3,8 en fronte de Muros
- 27-01-2022: Un terremoto de 4,6 fai tremer toda a franxa atlántica
- 17-06-2021: Muros sufríu dous pequenos terremotos esta pasada madrugada
- 25-05-2021: Carnota rexistrou un pequeno sismo