Un terremoto de 4,6 fai tremer toda a franxa atlántica

Dende Malpica ata o norte da provincia de Pontevedra, pasando mesmo por lugares de interior como Santa Comba, Mazaricos ou Vimianzo, tremeron arredor das 15:45h. Foron 3 terremotos acontecidos en menos dunha hora, a apenas 30 quilómetros da costa da península da Barbanza, xusto no límite da plataforma continental.
O máis forte, acontecido ás 15:44h, finalmente tivo unha gradación de 4,6º na escala de Richter. Antes, ás 14:57h xa houbo un aviso cun tremor de 3,7º. E rematou a serie con outro acontecido ás 15:58 houbo outro de 2,5º.
O movemento sísmico é o de maior magnitude dende o ano 1997, no que un terremoto na montaña de Lugo acadou a magnitude 5,1.
Xentes de toda a comarca así nolo fixeron sentir con comentarios dende Laxe, Lires, Corme, O Pindo, Arteixo, Muros, Negreira, Outes, Muxía, Baio, Cee, Vedra, Touriñán, Camelle,, Baio, Laxe, Fisterra, Ponteceso, Buño, Porto do Son, Agualada, Malpica, Boiro, Noia, Bertamiráns, Camariñas, Ponte do Porto, Carballo, Corcubión… Ata en Compostela, Vilagarcía, Lalín ou Vigo recoñecen os nosos lectores a través das redes sociais.
Uns siareiros que nos deixan moitas frases para enmarcar:
- ”Bailoume a casa. Metiume os pelos do lumpo de punta”, recoñecen dende Santa Uxía do Ézaro.
- “A cristalería brindaba soa” comentan dende Baio.
- “A min espertoume a siesta, moviuseme a cama”, dende Merexo.
- “Oiuse como un trono”, relatan por Cee.
- "Moviuseme todas as cousas que tiñan enriba da mesa do Salón, din dende Muxía.
- "Bailou todo na casa”, relatan dende Muros”.
Así reaccionaba a bisbarra en apenas uns minutos, enchendo de comentarios a nosa publicación:
Novas relacionadas