Martes. 23.04.2024
El tiempo

Tiran abaixo co muro da discordia da Ferida ante as críticas volcadas nas redes

Botando abaixo o muro
As máquinas botaron abaixo esta mañá o muro
Tiran abaixo co muro da discordia da Ferida ante as críticas volcadas nas redes

Solventouse rápido a polémica xurdida entre a veciñanza por un muro erguido ao carón da Ferida. O Concello vén de tomar a decisión de botar abaixo o muro da discordia ante as críticas vertidas nas rúas e nas redes sociais.

muro na ferida
A imaxe que causou revolución nas redes

O muro, de pedra pola parte exterior e por agora de cemento no interior, ía ser parte dun proxecto, revisado por Patrimonio e Medio Ambiente da Xunta, de posta en valor do entorno da Barca. Concretamente ía ser un elemento do novo sistema de sinalización da contorna, onde se ían instalar uns códigos informativos. Pero ante o ruído realizado, non tardaron nin un día en dar marcha atrás ao proxecto.

Muro da discordia en Muxia abaixo
O muro estaba situado a carón da Ferida

Vén de:

Comentarios