Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Un percebeiro ferido tras caer nas rochas preto de Touriñán

Un percebeiro ferido tras caer nas rochas preto de Touriñán
O percebeiro caeu na escarpada ensenada de Cuño, preto de Touriñán, en Muxía

Esta mañá amencía cun suceso desagradable. Eran arredor das 9:00h cando alertaban a Protección Civil e 112 Galicia da caída dun percebeiro ás rochas, na ensenada de Cuño, ao sur de Touriñán, Muxía.

O percebeiro esbaraba e caía nunha zona de moi difícil acceso polo que dende o 112 mobilizaron á á Garda Civil e Urxencias Médicas, pero tamén a Salvamento Fisterra, que enviaron de inmediato ao helicóptero Helimer.

Segundo nos informa o 112, e segundo acabamos de comprobar, finalmente tivo que ser o helicóptero o que trasladara ao ferido ata o Hospital de Cee, a onde acaba de chegar agora mesmo.

Novas relacionadas

Accidentes na mar no 2013

Fonte

Comentarios