Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Un premio estatal á excelencia gráfica con acento muxián

Un premio estatal á excelencia gráfica con acento muxián
Os contidos expositivos do Albergue Bela Muxia foron merecedores do primeiro premio Miscelania de Anuaria

Orgulloso séntese o sector turístico da Costa da Morte cando un establecimento da zona recolle un premio a nivel estatal. Esta pasada semana falláronse os premios Nacionais Anuaría, os premios Nacionais de Comunicación Gráfica, e o proxecto do Albergue Bela Muxía recibía nada menos que dous galardóns.

Non fai un ano que abriron as súas portas e xa poden celebrar o seu primiero aniversario co primeiro premio na categoría de Miscelánea polo desenvolvemento gráfico e o deseño da gráfica de contidos e o terceiro na categoría de identidade corporativa.

Cómpre destacar que Anuaria é un dos certámenes máis importantes de deseño gráfico de toda España desde 1994. Conta co respaldo de empresas, medios de comunicación especializados, asociacións, colexios profesionais, escolas e centros de deseño. Nesta última edición inscribíronse preto de 350 traballos. "Este premio supón un recoñecemento importante, non só para a propia empresa, senón tamén para toda a Costa da Morte porque da visibilidad ao bo facer do noso empresariado en todos os campos", como recoñecen dende a Asociación de Promotores de Turismo da Costa da Morte (APTCM).

O propio Xosé Teiga, responsable da campaña, o proxecto concíbese como "Un espazo para durmir e descansar, pero tamén un espazo para penetrarse na cultura da comarca, pois contén unha exposición temática de lendas, poemas e textos relacionados con Muxía, a Costa da Morte e el mar. Nel propio albergue si fai un recorrido relacionado con autores da cultura galega" con fermosos carteis informativos.

Más información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios