Unha dedicación exclusiva ou unha campaña de cara ás municipais?


A dedicación exclusiva que o goberno de Muxía vén de outorgar in extremis, a apenas 5 meses de que remate a lexislatura, do concelleiro de deportes de Muxía, Iago Toba, está suscitando as primeiras críticas. O PP considera de “burla e de tomadura de pelo aos veciños” a nova asignación do que vai ser o relevo como candidato a alcaldía de Félix Porto, un Iago Toba que agora vai ter tempo para facer acto de presencia en visitas como a que hai pouco realizaba a Conselleira de Infraestruturas.
Así, o PP denuncia o uso de cartos públicos para financiar a campaña do candidato do PSOE a través dunha dedicación exclusiva. A voceira Sandra Vilela asegurou que todo o mundo no municipio sabe que a Toba “nin lle importa nin lle interesa o deporte”, e puxo como exemplo que, en case catro anos, a súa presenza nos partidos do equipo de fútbol foi “testemuñal”.