Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Veciñ@s de Merexo critican a lameira na que se convertíu a súa rúa

Un veciñ@ de Merexo envíanos hoxe esta carta ao director, que recollemos integramente.
Merexo e unha lameira
Así están algunhas casas de Merexo
Veciñ@s de Merexo critican a lameira na que se convertíu a súa rúa

María [nome aleatorio] é unha veciña de Merexo, que un bo día, impulsada pola dinamización do rural, decídiu comprar e arranxar unha casa en Merexo, para vivir tranquilamente coa súa nai, unha señora xa de avanzada idade.
María coma todo bo veciño colabora nas actividades do pobo, mesmo forma parte como tesoureira da Asociación de veciños.

O que nunca pensou María, é que vivir no rural, quer dicir que a dinamización é só para cando trae cartos non ao revés, e claro ela decidiu vivir nunha aldea de menos de 100 habitantes.

Dende fai 15 días María vive rodeada de lama, claro esto é algo impensable nunha zona urbana, alí limpalles as rúas todos os días ou polo menos algunha vez por semana. En Merexo temos sorte se nos veñen unhas dúas ou tres veces o ano. Xa vedes nas fotos que tivo que facer muros de contención porque se nón todo o que vedes na rúa estaría dentro da súa porta, como ocorre coa escola, que é o edificio que está o lado.

Onde por certo o parroco de San Martiño quería volve a facer a celebración da Santa misa como facía antes do Covid, actividade que lle houbo que dar para atrás, xa que dende o 16 de xullo que celebramos o Carmen de Merexo, estamos esperando que nos arranxen a escola, pois hai unha parede que esta chea de uns seres diminutos que fan buratos na parede e comeronlle o polispán coa que estaba cuberta a mesma. Non sei a ver se desta vez poñen un recebo porque algo máis duro para estes bichiños si é.

Lameira nas ruas de Merexo
Lameira nas rúas de Merexo

No lugar non se sabe como se vai arranxar esto, nin de quen é a culpa, si do dono da leira por ir labrar, si do clima que xa pensabamos que non ía voltar a chover, si dos responsables municipais que veñen con carretillos e voltan a terra e arrimana o lado, si da diputación por cobrarnos os mesmos impostos o rural que o urbán cando os servicios a nós chegannos a conta gotas, si da Xunta de Galicia que ten olvidada a Costa da Morte, nin si será culpa do señor presidente do goberno, que só anda de viaxe por Europa.

O que sí temos claro os veciños e veciñas de Merexo, é de que María non ten culpa de nada, ou quizá si pensará algún... a quen se lle ocorre vir vivir para Merexo.

Bueno, dinamizemos o rural, pero ben por favor atendéndoos cando fai falla, antes de que pasen as cousas, agora temos que andar co carretillo as voltas, e coidado co lameiro que se escorre, e no vial público de Merexo non hai seguro ou sí, que diría o outro

  • Asdo: Un veciñ@ de Merexo.

Comentarios