Unha viaxe pola metonimia galega a través da Bretemada de López Abente
Unha nova obra inédita do poeta, narrador, dramaturgo e activista cultural muxián, Gonzalo López Abente, xa está nas librerías. A Fundación López Abente recupera a obra e ofreceu á Editorial Alvarellos a coedición, na Colección Rescate, a obra "Bretemada".
Foi un longo camiño para a Fundación conseguir a edición do libro. Un dos patróns da Fundación, Miro Villar, foi quen trouxo a proposta da súa edición que el mesmo preparou. O inédito estaba depositado na Real Academia Galega, e a Fundación López Abente fixo as xestións necesarias para conseguir a súa publicación. A edición está financiada conxuntamente pola Fundación e a Editorial Alvarellos.
A obra parte dun manuscrito orixinal de 1922, que se atopaba na propia Academia, e repasa a metonimia galega, a través de 100 poemas escritos entre 1917 e 1922.
A edición chega da man do poeta ceense Miro Villar.
E o limiar chega da man nada menos que do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, que define o achádego e publicación desta obra como “Un acontecemento literario de altísima importancia”.
Dende a propia Fundación muxiá, Vicki Rivadulla afirma que "estamos moi orgullosos de conseguir que vira a luz esta obra inédita, ademáis de fermosísima, e do excelente traballo que fixo o noso compañeiro Miro Villar. Tamén estamos agradecidos, loxicamente á resposta positiva de Henrique Alvarellos, que dende o primeiro momento se mostrou entusiasmado coa obra e respondiu positivamente á nosa proposta".
Máis información
- Editorial Alvarellos: Colección Rescate: Bretemada.
- Elección Histórica da Costa da Morte: Gonzalo López Abente.
Novas relacionadas
- Fernando Moreiras emulou a Plácido Castro e levou o Premio de Tradución.
- Rivadulla Corcón leva a lenda da Furna da Buserana a un libro.
- Muxía respostou na presentación de As Crebas.
- A Fundación López Abente e a SEMESCOM unen forzas para coidar o patrimonio.
- Muxía tamén quere ser "Vila Literaria" .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Poesia Galega.