Viki Rivadulla fai soar a Bughina na Coruña


Segue medrando a artista muxiá e colaboradora desta casa Viki Rivadulla. O vindeiro venres, 9 de marzo, ás 8 da tarde inaugura en Portas Ártabras, na Coruña, a súa mostra de pintura “O Bruar da Bughina”, que xa visitamos en Vimianzo emais en Carballo.
Intenso e cheo de poesía, como sempre, será o acto de inaguración. Participarán os seus amigos Xurxo Souto, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Mato, Paco Souto, Paco de Tano, María José Fernández e Xosé Iglesias.
A mostra está formada por 20 acrílicos sobre lenzo e alguna peza de técnica mixta que combina arxila e madeira. Con esta mostra a autora, que reside en Muxía, quere reivindicar a cultura mariñeira –especialmente a da Costa da Morte – que está seriamente ameazada polos cambios económicos que fan da pesca artesanal un oficio en extinción, abocando á desaparición toda a forma de vida que medra arredor dos oficios do mar.

Novas relacionadas
- Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo.
- Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.
Máis información
Outros artigos de Viki Rivadulla
- A Barca, a pedra e o futuro.
- Moirame, o tesouro escondido da Costa da Morte.
- O Bruar da Bughina a soar na Sala Antón Mouzo.
- Pazos de Merexo.
- As uvas da ira e o pan da solidariedade.
- A avoa Lola.
- Que é a Sala do Perello?.
- Forza creativa e resistencia na Costa da Morte.
- Novembro.
- Dos retratos de Antonio Nodar aos autorretratos dos nosos gobernantes.
- Por que un Curso de galego aplicado ás Novas Tecnoloxías?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).