Volven aparecer galletas de chapapote nunha Praia de Nemiña onde a recollida de lixo é inexistente
11:59 24/08/19
A aparición recorrente do chapapote do Prestige é xa todo un clásico. Esta semana, a praia Nemiña, paraíso sulfeiro no sur da costa da Morte, volveu a vivir estampas que nos recordaron aqueles tempos de comezos de século, con ducias de galletas de chapapote esparcidas por todo o areal. Galletas que levan case 17 anos agochadas baixo a area das nosas praias, e que cando hai mar de fondo, saen á luz.
Foron os propios surfeiros, ante a falta dun servizo eficiente de recollida de lixo por parte do Concello de Muxía, os que retiraron unhas 30 ou 40 galletas, ademais de protestar pola falta de recollida do lixo das papeleiras.
Novas relacionadas
- 2018: A traxedia do Prestige, dezaseis anos despois.
- 2017: Máis de 1.600 millóns de indemnización para o Estado polo afundimento do Prestige.
- Outubro 2016: A aparición recorrente do chapapote do Prestige.
- Marzo 2016: A praia de Nemiña amence regada de centos de galletas de chapapote.
- Decembro 2013: Crebas en forma de chapapote nas praias de Fisterra.
- Febreiro 2013: Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro.
- Xullo 2012: Limpando os grans de area.
- Maio 2011: Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.