Xoves. 18.04.2024
El tiempo

200 nenos disfrutaron do mar a vela dende a Escola

200 nenos disfrutaron do mar a vela dende a Escola

A Escola de Vela Cataventos e o Club Marítimo Carrumeiro clausuraron este fin de semana o programa "O mar na escola", patrocinado en Cee por Ferroatlántica, coa celebración dunha regata na que participaron cinco centros escolares de Cee e Camariñas.

O proxecto "O Mar na Escola" contou con preto de 200 nenos que durante tres meses gozaron da práctica da vela combinada con clases teóricas e prácticas. Ademais de navegar, aprenderon a facer nós mariñeiros, normas de seguridade, nomenclatura náutica, achegáronse á cultura mariñeira e coñeceron os ventos. Este ano ademais incluíronse dentro do programa charlas sobre bioloxía mariña e os diferentes aspectos que actúan sobre o mar para intentar incentivar aos alumnos no coidado e conservación do medio mariño.

3ª Competición en Idade Escolar

Como colofón do proxecto máis dunha vintena de mozas, dos centros escolares Manuela Rial Mouzo e Eugenio López de Cee; e do Areal, o Ponte do Porto e o Pedra da Aguia de Camariñas, a bordo de seis embarcacións, participaron na "III Competición en Idade Escolar" onde puideron demostrar parte do aprendido en "O Mar na Escola".

Finalmente os resultados da regata foron mellor do esperado xa que os noveis veleristas gozaron e demostraron as súas habilidades en navegación e, a pesar das duras condicións meterológicas, realizaron a serie de exercicios programada: toma de balizas en oito e percorrer un triangulo. Houbo premios para todos os participantes e a entrega contou coa colaboración de Esperanza Castro, responsable do Departamento de Persoal de Ferroatlántica.

Vindeira cita ca vela

O Club Náutico de Finisterre organiza este sábado 11 xuño dende ás 11:00h a Regata Letras Gallegas, 2ª regata puntuabe "Liga Costa da Morte 2011" nas clases Optimist e Omega.

Haberá 22 nenos participantes dos clubes Club Náutico Camariñas, Club Marítimo Carrumeiro e Club Náutico de Finisterre.

De seguindo os vindeiros 18 e 19 de xuño serán as augas de Camariñas as que acollan a 3ª regata da LCdM.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios