A 10K de Carballo únese a longa lista de probas deportivas da Costa da Morte

Innumerables probas deportivas chegan á comarca nos vindeiros meses. Duatlóns, triatlóns, trails, carreiras populares, BTTs… Temos que sumarlle a 10K Carballo, que volve o 16 de xuño con novidades para consolidarse como unha das mellores citas do circuíto provincial nesta a súa 9ª edición.
Constará de tres probas: a 10K Carballo, oficial da FGA sobre unha distancia homologada de 10.000 metros, e puntuable nas categorías absolutas sub 20, sub 23, sénior e máster; a competición das categorías menores sub 18, sub 14, sub 12 e sub 10, tamén puntuables para o circuíto da Deputación; e as carreiras dos grupos de idade pitufos e biberón, non puntuables.
A inscrición esta aberta dende www.championchipnorte.com ata as 23.59 horas do 12 de xuño. É gratuíta para todas as categorías menores. Os participantes da 10K deberán pagar un prezo simbólico de 2 euros.
Novas relacionadas
- Muros adica o seu Triatlón a Iván Raña.
- O Handball Carballo: convivencia deportiva e atracción turística.
- Baio prepara o seu Duatlón das Letras na honra de Labarta Pose.
- 10 concellos da comarca únense ao Circuito de Carreiras populares da Deputación.
- O Grand Trail Costa da Morte 2019 será puntuable para o Ultra Trail do Mont Blanc.