5 metais para o Cee Deportes de Contacto no Open Estatal de Parga

10:43 22/11/22
O pasado 12 de novembro, unha expedición costeira do Club Cee Deportes de Contacto acodía ao FIT Open Nacional 2022 celebrado na cidade de Parla (Madrid). E os resultados foron inmellorables, con varias medallas acadadas por:
- Antía Río Salgado: ouro en tul e bronce en combate.
- Sebastián Perrot Ávarez: bronce en combate.
- Inacio González Castro: plata en combate.
- Adrián Lema Cernadas: ouro en combate.
As sensacións por parte dos participantes foron moi positivas, sentíndose confiados e con ganas de repetir a experiencia.
A entidade fundada no 2009, desenvolve de xeito initerrumpido as escolas deportivas de taekwon-Do ITF e kick boxing na vila ceense durante dous días a semana no pavillón municipal de Brens (Cee). Neste curso 2022-2023 contan máis de 50 participantes.