Mércores. 24.04.2024
El tiempo

7 clubs da Costa da Morte reciben axudas da Deputación para as competicións nacionais

Marcos Sanchez do CDM Piraguismo Dumbria en LeSeu-Foto de Norbert Aguilera
Imaxe de Marcos Sánchez, do CDM Piraguismo Dumbria competindo na proba nacional de Le Seu dUrgell-Foto de Norbert Aguilera
7 clubs da Costa da Morte reciben axudas da Deputación para as competicións nacionais

A Deputación da Coruña vén de anunciar a lista das concesións provisionais das subvencións a estas entidades deportivas sen ánimo de lucro para o 2021. Hai 1 millón de euros para darlles apoio a 96 entidades nas competicións federadas nacionais e internacionais.

Son varias as entidades da comarca que reciben estas axudas:

  • BERGANTIÑOS, F.C.: 9.029,00 € para a Participación en competición federada de ámbito nacional.
  • CLUB ARTE E MOVEMENTO: 6.329,00 € para competicións de Baile Deportivo Categoría Nacional: participación en Copas, Campeonatos de España e Probas do Ranking Nacional.
  • CLUB DEPORTIVO MUNICIPAL DE PIRAGÜISMO DUMBRIA: 4.781,00 € para as probas de piragüismo slalom de índole nacional e internacional 2021.
  • CLUB ESCUDERIA A.R.VIDAL RACING: 6.300,00 € para a Participación en campionatos de automobilismo a nivel nacional ano 2021.
  • CLUB VOLEIBOL DUMBRIA: 12.852,20 € para a Competición na Superliga 2 Masculina.
  • CLUBE CICLISTA MONTENEME: 4.131,00 € para Competicións deportivas nacionais 2021.
  • ESCOLAS BALONMAN XIRIA: 9.029,00 € para competir na 1º División estatal masculina.

Comentarios