Venres. 26.04.2024
El tiempo

8 medallas para o Piragüismo Dumbría na proba do Couquiño

Un padexeiro do Piraguismo Dumbria no Couqiino
Un padexeiro do Piraguismo Dumbria no Couquiño
8 medallas para o Piragüismo Dumbría na proba do Couquiño

Anfiitrión foi esta fin de semana o CDM Piragüismo Dumbría, coa organización no campo de slalom de O Couquiño, no río Xallas, dunha nova proba da Copa Galega de Promoción de Slalom. Facía 2 anos, por mor da pandemia, que a Copa non se achegaba pola bisbarra, para gozar diumja preciosa competición onde os máis pequenos dos clubes de slalom de Galicia trataron de emular os seus idolos que compiten en canais de augas bravas.

O CDM Piragüismo Dumbría acudía cunha gran representación de padeixeiros, e o seu gran desempeño, logrando sete medallas, que os levaba o segundo chanzo do podium, só por detras do Club Montaña Quixos de Monforte de Lemos.

Xian Caamaño, do CDM Piragüismo Dumbría, tamén daba a sorpresa, subindo ó podium no K1 infanitl masculino. Entre os medallistas do club, hai que salientar o desempeño de Xesús Pena Cundíns, que logrou a planta tanto no C1 coma no K1 infantil, só por detras de Jacobo Rodríguez, do Montaña Quixos.

Pola súa banda, na categoría infantil femenina, Sara Fernández Romar tamén facía o doblete, sendo plata tanto en C1 coma en K1. Aroa Piñeiro en K1 tamén subía ó terceiro chanzo do podium.

As medallas restantes foron logradas polas máis pequenas, con Vega Cives Caamaño e Clara López Piñeiro facendo plata e bronce na categoría prebenxamín, e Clara Mancebo logrando a súa primeira medalla, terceiro posto neste caso, na categoría Benxamín femenina.

Vindeira cita

A vindeira proba do CDM Piragüismo Dumbría serán os Campionatos de España de Slalom, que terán lugar no canal de slalom de Sabero, en León os vindeiros días 28 e 29 de agosto, onde ademais a deportista do CDM Piragüismo Dumbría, Sara Fernández Romar, foi seleccionada xunto cos mellores infantís de toda España para participar nuna concentración de tecnificación.

Comentarios