A Deputación destina máis de 800.00 euros a financiar os servizos sociais dos concellos da Costa da Morte
07:02 19/11/15
Os programas de axuda a domicilio son uns dos máis demandados na zona
A Deputación da Coruña publica no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de onte as bases reguladoras do programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios para o ano 2016, que estará dotado con 4.037.275,26 euros, e do que se beneficirán os 83 concellos da provincia coruñesa con menos de 20.000 habitantes.
Segundo recollen as bases do programa, o obxecto do mesmo é dar asistencia económica ás entidades locais na execución das súas competencias en materia de servizos sociais, dando preferencia aos servizos básicos comunitarios establecidos na Lei 13/2008 do 3 de setembro.
A Deputación subvencionará os gastos dos profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais distintos do perfil profesional do traballador social, entre os que se inclúen persoal técnico de grao medio, auxiliar administrativo e persoal auxiliar do servizo de axuda no fogar.
As contías máximas previstas para os concellos da Costa da Morte neste programa, que suman máis de 800.000 euros, son:
- Cabana de Bergantiños: 31.572,68 €
- Camariñas: 71.088,81 €
- Carnota: 31.572,68 €
- Cee: 52.994,50 €
- Corcubión: 52.994,50 €
- Coristanco: 42.128,12 €
- Dumbría: 37.573,65 €
- Fisterra: 53.027,07 €
- Laxe: 37.586,97 €
- Malpica de Bergantiños: 51.502,50 €
- Mazaricos: 51.502,50 €
- Muros: 52.994,50 €
- Muxía: 65.023,07 €
- Ponteceso: 33.097,25 €
- Santa Comba: 75.578,52 €
- Vimianzo: 51.107,54 €
- Zas: 52.586,24 €
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación da Coruña