Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Federación Galega de Atletismo premia ao Concello de Carballo

A Federación Galega de Atletismo premia ao Concello de Carballo
Marcos Trigo recollendo Premio para o Atletismo Carballes

A Federación Galega de Atletismo vén de conceder un premio especial ao Concello de Carballo “polo seu apoio, promoción e colaboración co atletismo galego”. A entrega do galardón tivo lugar o pasado venres na Gala Anual do Atletismo Galego que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Sada. Alí estivo o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, para recoller o premio, agradecer o xesto da Federación Galega de Atletismo e reiterar o compromiso do goberno municipal de Carballo coa promoción do deporte en xeral e do atletismo en particular.

De feito, un dos obxectivos do grupo municipal do BNG para este mandato no eido deportivo era poñer fin á eiva da falta de actividade de atletismo organizada, un obxectivo superado coa creación de dúas entidades centradas na práctica e na promoción do atletismo, Os Muditos e Atletismo Carballo.

Clave foi o apoio directo ás actividades organizadas polas dúas entidades (5 km Correndo pola Praia de Razo, a Pedestre do Anllóns ou a Carreira de dous en dous do vindeiro 11 de abril, entre outras) e acada a súa máxima expresión nas dúas grandes probas organizadas dende Carballo Deporte que se celebran ao longo do ano. Por unha banda, a Carreira de Campo a Través en idade escolar, que reúne a máis de 600 nenos en cada edición e que supón unha clara aposta pola promoción do deporte dende a escola. Por outra, a Carreira Popular Concello de Carballo, que cada ano gaña en participación. Na edición do 2014 esta cita deportiva congregou a 1.500 deportistas, 1.330 nas categorías absolutas e 270 nas inferiores.

Participacións Carreira Popular 10 km Concello de Carballo

 
EdiciónParticipación TotalCategorías AbsolutasCategorías Inferiores
II (2012)1164971193
III(2013)12261012114
IV(2014)15001330270

Obras no Complexo Deportivo Vila de Noia

O apoio do Concello de Carballo ao atletismo tamén se concretará no proxecto de humanización do entorno do complexo deportivo Vila de Noia, o colexio Fogar, o parque do Chorís e o IES Alfredo Brañas. Neste sentido, o concelleiro de Deportes valorou de forma moi positiva as achegas realizadas dende os clubs de atletismo locais de cara a aproveitar ese proxecto para acondicionar unha serie de instalacións específicas para a práctica deste deporte. Marcos Trigo considera, sen embargo, que ese tipo de actuacións teñen que ser obxecto dun proxecto á parte, e nese sentido expresou a súa intención de convocar aos dous clubs, Os Muditos e Atletismo Carballo, a unha xuntanza na que se estudará a viabilidade das diferentes propostas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios