O AD Zas pechou 15 días frenéticos coa organización dos Campionatos Provinciais
Quince días frenéticos os que leva o tenis de mesa soneirán na comarca. Se a anterior semana Zas convertiuse na capital galega do tenis de mesa, esta pasada era a capital provincial. O pavillón recibía a 80 deportistas e 20 acompañantes para disputar os Campionatos provinciais, nunha xornada deportiva e que confraternizaron cunha comida conxunta nun restaurante da localidade.
A familia do AD Zas queda tremendamente satisfeita despois de tanto esforzo, agradece a colaboración do Concello de Zas e, en cada caso, coa federación Galega de Tenis de Mesa e do Servizo Provincial de Deporte da Xunta de Galicia. Agora unhas semanas de entreno e xa se está a preparar o fin de temporada co XII Torneo Ponciano Nieto que será o 18 de xuño no pavillón municipal de Zas.
Estes foron os resultados do provincial escolar.
Categoría benxamín
1º Finisterre TM
2º Narón A
3º Conxo TM
Alevín Femenino
1ª AD Zas Cee
2ª Narón
3ª AD Zas Camariñas
Alevín Masculino
1º AD Zas Barouta
2º AD Zas Cee
3º Narón A
Infantil Masculino
1º Narón A
2º Finisterre TM
3º Naron B
Cadete Masculino
1º Finisterre TM
2º EDM Vimianzo
3º Narón
Novas relacionadas
- Zas, capital galega do tenis de mesa.
- Miguel Rey e Brais Blanco, campións do Torneo Aberto de Vila do Conde coa Selección Galega de tenis de mesa.
- Só o VTM Aluminios Xeal consegue a vitoria na fin de semana do tenis de mesa soneirán.
- Marzo 22: O AD Zas Ponciano Nieto ratificou a súa permanencia na 3ª Nacional.
- Marzo 22: A festa do tenis de mesa volveu a encher o pavillón de Zas.
- Febreiro 22: Zas acollerá o Campionato Galego de tenis de mesa.
- Novembro 21: A vimiancesa Laura García, ao campionato estatal de tenis de mesa.
- Outubro 21: O tenis de mesa costeiro arrincou unha temporada chea de desafíos..