Luns. 29.04.2024
El tiempo

O AD Zas Ponciano Nieto agárrase á permanencia na 2ª Nacional

Ponciano Nieto AD Zas-BM Tui
Ponciano Nieto AD Zas-BM Tui
O AD Zas Ponciano Nieto agárrase á permanencia na 2ª Nacional

Vitoria contundente do AD Zas Ponciano Nieto na 2ª Nacional Masculina contra o equipo de Tui nun partido fundamental pola permanencia.

2ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - TM Tui (5-1).

Empezou mal o equipo zaseirp perdendo o primeiro partido Raúl López nun partido moi igualade. Pero despois os locais non darían opcións ningunha e acabaríanse impoñendo dando un moi bo xogo. Andrés Correa, reforzo para esta segunda volta, conseguíu puntuar sempre sen ceder nin un set. Roi Sixto, cada xornada que pasa está xogando moito mellor e collendo moita confianza soltando os seus mellores golpes. E por último Raúl López que está tendo un pequeno baixón de confianza no seu xogo que se deixa ver en puntos igualados pero que está retomando o bo xogo.

O AD Zas Ponciano Nieto ten unhas xornadas por diante que os poden facer saír da zona de descenso, podendo aspirar a conseguir a permanencia a final de tempada dando como resultado un feito histórico do club nesta categoría.

CRÓNICAS DO TENIS DE MESA

Comentarios