Luns. 17.06.2019
El tiempo

O Bm. Camariñas conquista Coruña e acariña a permanencia mentres o Bm. Xallas mantén o pulso polo ascenso

O Balonmán Camariñas disfrutando cos Boya Blues tras vencer ao OAR
O Balonmán Camariñas disfrutando cos Boya Blues tras vencer ao OAR
O Bm. Camariñas conquista Coruña e acariña a permanencia mentres o Bm. Xallas mantén o pulso polo ascenso

Espectacular o Bm. Camariñas e a súa afección que se desprazou á Coruña para disputar un dos derbis provinciais da 1ª Estatal. Un campo que nunca conquistaran pero coa axuda dos Boya os conserveiros sumaron 2 puntos importantes de cara o obxectivo da permanencia, deixando as dúas prazas de descenso a 5 puntos e ao propio OAR, no medio, a 4 puntos, a falta de 4 xornadas.

Mentres, en Chapela, o Xiria desprázabase coa necesidade de vencer para seguir na loita polo ascenso nunha das pistas máis complicadas da categoría. Fixo un gran primeiro tempo o cadro verde, pero aos 5 minutos do segundo, co 12-19 no marcador, os árbitros decidiron suspender o choque ante as ameazas dun xogador local. Quedan a espera da decisión do Comité.

Xa en 2ª Autonómica, o Bm. Xallas sumaba unha nova vitoria en Ferrol, coa que os xalleiros certifican matematicamente a presencia na fase de ascenso a 1ª Autonómica, xa que sacan 8 puntos ao 4º clasificado a falta de outros tantos por xogar, pero co golaveraxe a favor, tendo seguro xa o 3º posto. Así mesmo, a derrota do Pontedeume contra o ED.Poio sírvelles aos de Santa Comba para aumentar a súa vantaxe sobre o terceiro clasificado a 4 puntos, buscando así manter a 2ª praza que da acceso directo sin eliminatoria de promoción a 1ª Autonómica.

1ª Estatal Masculina, xornada 23

  • Resultado: OAR Investo - Bm. Camariñas (31-35)

Saíron ben ao campo os de Moncho Canosa, se cadra motivados de máis ante o ambientazo no pavillón herculino, cometendo algunhas imprecisións pero sempre por diante no encontro, o que permitía facer rotacións en casi todos os postos. Cara o final da 1ª metade os locais conseguían igualar e mesmo irse ao descanso en ventaxa (17-16).

Na segunda parte mantíñase a igualdade ata o ecuador, cando a defensa camariñá conseguía ser máis sólida, a portería aportaba seguridade e o ataque acadaba gol con certa facilidade, e mentres que o OAR baixaba o nivel físicamente, os costeiros conseguían manter un ritmo alto ata o final remachando o encontro nos últimos minutos.

4 xornadas para o final de liga nas que haberá que seguir loitando tódolos puntos e disfrutando cada partido.

2ª Autonómica Masculina, xornada 23

  • Resultado: Balonmán Ferrolterra - Balonmán Xallas (30-38)

Cómodo partido para os xalleiros, onde se ben é certo que non se viron grandes distancias no marcador, non perigou en ningún momento para os xalleiros. O alto ritmo de partido proposto polos visitantes non foi todo o efectivo que precisaba ser e chegouse o descanso con tan só 3 goles de vantaxe. Na segunda metade, a efectividade do ataque posicional e algún contraataque foi suficiente para levarse o partido, no que o nivel defensivo de ambos conxuntos brillou pola súa ausencia.

Máis información

Todas as novas do balonmán costeiro

Comentarios