Venres. 26.04.2024
El tiempo

Camariñas postúlase para albergar citas da Selección Española de Balonmán

Camariñas postúlase para albergar citas da Selección Española de Balonmán
O Bm. Camariñas recibiu ao novo presidente da FGB e ex xogador do club, Bruno López O Bm. Camariñas recibiu ao novo presidente da FGB e ex xogador do club, Bruno López, no centro da imaxe Este xoves 17 de xaneiro, o Bm. Camariñas tiña unha visita especial. O novo presidente da Federación Galega de Balonmán, o carballés Bruno López mantivo unha reunion con membros da directiva encabezados polo presidente Andrés Cerdeiras, por parte Concello Jose Campaña (Concelleiro de Deportes) e os adestradores das categorías base. Un Bruno López que quixo achegarse a coñecer de primeira man o proxecto deportivo dun club que coñece moi ben, pois foi xogador durante moitos anos do Conservas e mesmo foi adestrador do equipo feminino. Bruno foi tamén xogador e adestrador na familia carballesa do Xiria, e mesmo axudou na creación do Balonmán Xallas. O propio Bruno destacaba que “a reunión foi moi produtiva e saio bastante contento por todo que se falou”. Falaron moito da canteira, en materia de divulgación e formación do balón na Costa da Morte, ademais de facer unha completa visita ás instalacións deportivas camariñás. Por parte do Club, Andrés Cerdeiras destacou que ”estamos moi agradecidos de que Bruno López elixise Camariñas para unha das súas primeiras visitas como presidente“. Destacou ademais que o club tamén fixo fincapé en que “na Federación teñan en consideración as opinións de Camariñas en temas organizativos”. Un dos temas máis interesantes é a proposta que lle formulou o club conserveiro ao presidente, para poder albergar no Areal algún partido da selección Española e Galega de balonmán, “para que ese traballo feito dende Camariñas na divulgación do balonmán na Costa da Morte sirva tamén para disfrutar do máximo nivel deportivo”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-o-bm-camarinas-vence-no-desterro/

Comentarios