Os carballeses Mario e Martina Díaz triunfan nas competicións galegas de golf
07:52 19/10/22
Grandes novas para a parella de irmáns Marío e Martina Díaz López. O maior dos Díaz vén de proclamarse proclamouse campión este sábado, na categoría Boy, da Liga Galega Xuvenil Sub-25. Foi no marco da 5° e última proba da Liga que se disputou no club Golf Ría de Vigo. O carballés chegaba primeiro á final, e quedou no 2º posto desta última proba o que lle permitiu alzarse co primeiro posto da Liga despois das 5 probas disputadas.
Pola súa parte, Martina Díaz (de apenas 11 anos) alcanzou a segunda posición na Galicia Júnior Cup, na 8° proba copa disputada no campo de golf dO Alicerce de Sarria. A falta de dúas probas nos campos de Campomar e de Meis, a carballesa vai 2ª na xeral.
Novas Relacionados
- Xuño 22: O carballés Mario Díaz consegue a medalla de prata na categoría Boy do Campionato Galego de Golf.
- Febreiro 22: Mario Díaz López proclámase Campión na 1° Proba da Liga Galega Xuvenil da Federación Galega de Golf.
- Outubro 21: Mario Díaz, subcampión galego de golf.
- Abril 19: Os irmáns Martina e Mario Díaz López dan pasos no mundo do golf
- Outubro 18: Mario Díaz López remata a temporada como subcampión por equipos da Liga Galega Xuvenil de Golf
- Setembro 18: Mario Díaz, a esperanza carballesa do mundo do golf