Mario Díaz López proclámase Campión na 1° Proba da Liga Galega Xuvenil da Federación Galega de Golf
12:11 09/02/22
O pasado sábado 5 de febreiro disputouse a 1° Proba da Liga Galega Xuvenil 2022 no Real Montealegre Club de Golf de Ourense. Déronse cita preto de 100 xogadores entre os que estaba o xogador Mario Díaz. O carballés comezou a competición deste ano resultando gañador da categoría na que competía (boy) e conseguindo unha nova baixada do seu hándicap. Con este triunfo colócase de líder na clasificación da Liga Galega.