O carballés Mario Díaz consegue a medalla de prata na categoría Boy do Campionato Galego de Golf

07:34 23/06/22
O xogador de golf Mario Díaz López proclamouse este sábado subcampión, na categoría Boy, do Campionato Galego Match Play. Os 42 mellores xogadores da comunidade concursaron na cita, celebrada no campo de golf de Meis.
Celebrouse baixo a modalidade de Match Play e consistiu en tres roldas (cuartos de final, e semifinais pola mañá e pola tarde a final) a 6, 9 e 18 ocos respectivamente.
Segue así engrosando o seu palmarés o novo golfista carballés.
Novas Relacionados
- Febreiro 22: Mario Díaz López proclámase Campión na 1° Proba da Liga Galega Xuvenil da Federación Galega de Golf.
- Outubro 21: Mario Díaz, subcampión galego de golf.
- Abril 19: Os irmáns Martina e Mario Díaz López dan pasos no mundo do golf
- Outubro 18: Mario Díaz López remata a temporada como subcampión por equipos da Liga Galega Xuvenil de Golf
- Setembro 18: Mario Díaz, a esperanza carballesa do mundo do golf