Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo prepara a súa solidaria 10K buscando alcanzar 1.000 participantes

Carreira 10 Carballo 2022
Carballo prepara a súa solidaria 10K buscando alcanzar 1.000 participantes

A carreira popular 10K do Concello de Carballo volverá o 5 de xuño para celebrar a súa 11ª edición, despois de dous anos de parón. Esta proba autonómica oficial da Federación Galega de Atletismo chega ademais co obxectivo de axudar ao pobo ucraíno, e por primeira vez habilitarase unha fila 0 solidaria a favor da Cruz Vermella.

Hai un máximo de 1.000 persoas nas categorías absolutas e de 2.000 no cómputo global do evento. Tanto para a proba absoluta (deportistas nados/as antes do 2004) como para a carreira adaptada, que comparten os 10.000 metros de percorrido, establécese unha cota de 5 euros. A participación no resto das categorías (sub18/sub16, sub14/sub12, sub 10, pitufos dende o ano 2015 ata o 2018, e biberón para os/as nados/as no 2019) será gratuíta.

Xa te podes inscribir en 10k.carballo.gal.

Primeiras probas do curso

Comentarios