O Club Cee Deporte de Contacto volveu con 9 medallas do Torneo Nacional Unificado 2024
08:34 04/12/24
Fai balance o Club Cee Deporte de Contacto do acadado no Torneo Nacional Unificado 2024 celebrado a fin de semana do 23 de novembro en Zaragoza. O club levou 4 dos seus alumnos, acompañados dos adestradores Sergio e Dache, conseguindo uns resultados moi destacables.
Adrián Lema conseguíu a medalla de ouro en Tul e a de bronce en Combate.
Brais Canosa acadou a prata en Tul e o bronce en Combate.
Ana Ferradas trouxo o ouro en patadas en salto e dous bronces, en tul e combate.
E Xian Arán volveu con dúas pratas, en Tul e Combate.