Como vivir o Gran Fondo Ézaro

Este domingo 10 de xullo, as estradas da Costa da Morte volven encherse do mellor ciclismo internacional. O Gran Fondo Ézaro percorrerá os Concellos de Dumbría, Cee, Muxúa, Corcubión, Fisterra, Carnota e Mazaricos nun pelotón no que, entre os máis de 600 ciclistas, estarán grandes lendas do deporte como Álvaro Pino, Roberto Heras ou Samuel Sánchez.
Xa podes descargar aquí o Rutómetro e ver cando vai pasar o pelotón pola zona na que vas estar preparado.


Aparcamentos

Cortes de Tráfico
O viario de acceso á zona do Miradoiro do Ézaro estará cortado ao tráfico desde as 09:00 do venres día 8 de xullo, até as 21:00 do día 10 de xullo. O corte a realizar nese viario, será desde o cruzamento co AC-550 (á altura do km. 09,600) até o cruzamento co viario que dá acceso á presa.
Se os días 8 e 9 se permitirá o paso para veciñ@s, o día 10 de xullo, coincidindo cos horarios de saída e chegada de participantes non se poderá circular polo viario. O día 10 de xullo, estará cortado o tráfico de vehículos non autorizados entre as 7:30 e as 9:15. Permitirase o acceso á zona, a residentes e traballadores entre as 9:15 e as 11:15. A partir das 11:15 e até as 15:00, permitirase a entrada de vehículos, sempre que as condicións da proba permítano, pero non estará permitida a saída de vehículos da zona.
Outras zonas afectadas:
- 1.1 VIARIO SEN IDENTIFICAR ENLACE ENTRE A DP-5201 E A DP-2301: Solicítase o #corte completo da circulación deste viario entre as 10:15 e as 11:00.
-1.2 VIARIO SEN IDENTIFICAR ENLACE ENTRE A DP-2301 E O #AC-445: Solicítase o #corte completo da circulación deste viario entre as 10:30 e as 11:40;
-1.3 VIARIO SEN IDENTIFICAR ENLACE ENTRE ALTO MIRADOIRO DO ÉZARO E DP-3404: Solicítase o #corte completo da circulación deste viario entre as 11:30 e as 13:10;
- 1.4 VIARIO DP-3404: Solicítase o #corte completo da circulación deste viario entre as 11:50 e as 13:10;
- 1.5 VIARIO DP-4501: Solicítase o #corte completo da circulación deste viario entre as 12:00 e as 13:25;
-1.6 VIARIO SEN IDENTIFICAR ENLACE ENTRE #AC-400 E #AC-550: Baixada de Paxareiras dirección Carnota, por viaria sen identificar. Este é un viario de aproximadamente 7,5 quilómetros, é unha baixada pronunciada con curvas sinuosas, ao ser un viario de escasa circulación, solicítase o #corte da circulación de vehículos non autorizados, entre as 12:20 e as 14:20. O #corte realizaríase desde a Zona da Rateira, onde se atopa a Igrexa de #San Mamede, até o alto.
Sostibilidade
O Gran Fondo ten novidades medioambientais, como a eliminación das listaxes en papel, ou o material das botellas, que será PET, 100% reciclables, e estarán compuestas do 25% de plástico reciclado.
Novas relacionadas
- 36 Ézaros = 1 Everest.
- Gran Fondo 2021: O pelotón do Gran Fondo Ézaro vertebrou a Costa da Morte.
- La Vuelta 2020: A Costa da Morte deu a Volta por 150 países.
- Gran Fondo 2019: O Muro do #GranFondoÉzaro continúa aumentando a súa lenda.
- Gran Fondo 2018: O Gran Fondo Ézaro supérase a si mesmo.
- Gran Fondo 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- Pequeño: “Se por min fose, a Volta Ciclista a España 2016 saía e chegaba ó Ézaro. Hai un bo entendemento co director do evento”.
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano gracias a La Vuelta.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.