Sábado. 20.04.2024
El tiempo

36 Ézaros = 1 Everest

Everesting Ezaro 2022
Miguel e Xabi, protagonistas do #EverestingEzaro 2022
36 Ézaros = 1 Everest

Incrible o reto que se formulou este pasado martes un dúo de colexiados da provincia moi vinculados co noso deporte, e co noso Fútbol da Costa. Xabi Rodríguez, coñecido @arbiquepitas pola creación dun libro do mesmo nome formulouse un deses desafíos de “e por que non?”. O tamén colexiado Miguel pensou o propiop e apuntouse á tolemia.

O #EverestingEzaro trataba de emular unha subida ao Everest, pero subindo o Alto do Ézaro. Deste xeito, para unir o mar de Dumbría co teito do Himalaya tiñan que subir 36 veces seguidas o Formigón, o porto de 1ª categoría que temen ciclistas de todo o planeta.

Un desafío de tolos, tendo en conta que o Formigón conta con rampas do 30%, que o coche ten que subir en 1ª, que ata ciclistas profesionais teñen botado o pé a terra…

Pero eles, subírono 36 veces, entre treitos de máis de 20 minutos, facendo un total de máis de 15 horas sobre a bicicleta, con paradas continuas, iso si, pero completando máis de 120 kilómetros de estrada.

Cómpre comentar que durante o desenvolvemento do desafío, un terceiro ciclista que acompañou durante varias subidas aos protagonistas, sufríu unha caída na zona do Formigón, tendo que ser evacuado ao Hospital. Agardamos a súa pronta recuperación.

Comentarios