Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Concello de Mazaricos consegue a permanencia na 3ª Nacional

San Xoan - Concello de Mazaricos,
O Concello de Mazaricos, á dereita, conseguíu unha ansiada permanencia
O Concello de Mazaricos consegue a permanencia na 3ª Nacional

3 vitorias e 2 derrotas é o balance xeral da xornada, e unha das vitorias, a do Concello de Mazaricos, era moi esperada pois por fin doulle a permanencia matemática na 3ª División Nacional nesta primeira experiencia.

A vitoria de AD Zas Construcciones Cernadas tamén deixou moi bo sabor non pola súa transcendencia, senón polo disputados que foron cada un dos puntos. En 2ª Galega segue o AD Zas Dimobel Bazar Baio sen levantar cabeza e o VTM Pinturas Figueiras cumpliu no seu enfrentamento con Club del Mar.

3ª División Nacional

  • Resultado: San Xoan TM - Concello de Mazaricos (2-4).

Importantísima vitoria do Concello de Mazaricos en Ferrol ante o San Xoan, xa lle ganara no encontro de ida 4-3, cos partidos gañados por Miguel Rey que volveu a gañar todos os partidos que xogou e a Javi Rodríguez que tamén no encontro de ida fixera o punto definitivo da vitoria ao igual que nnesta ocasión. Non desmerecen os outros dous xogadores, David Vilariiño e José Ángel Lado, que xogaron moi ben sobre todo David que fai moi boa parella con Miguel.

Consigue así o Concello de Mazaricos a permanencia matematicamente nesta 3ª División Nacional nun grupo moi igualado onde ata esta xornada había 6 equipos que podian ocuapr dous postos de descenso do que agora so escapou o equipo mazaricano. Gran temporada de todos os xogadores. Alex Blanco, David Vilariño, Javi Rodríguez e José Ángel Lado entrenados e ditrixidos por Miguel Rey. Pasar en dous anos de segunda Galega a 3ª Nacional e manterse debe considerarse todo un exitazo.

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - Arteal Ventanas B (4-1).

Que encontro máis bonito e competido se puido ver o sábado no ximnasio de Zas, con puntos moi disputados e partidos moi longos: Nos dous primeiros tanto Luis coma Raúl tardaron media hora cada un en gañar aos seus respectivos rivais. Ningún dos dous equipos se xogaba nada mais que a honra da vitoria e eso dou renda solta ao bo xogo e a non preocuparse moito de que me pasa se fallo. Se hai que destacar algún set ese foi o segundo entre Raúl e Fabián (17-15) donde Raúl necesitou de 10 bolas para gañalo. Moi ben Luis Azevedo que está facendo un final de temporada magnifico. E resaltar tamén o bo xogo mopstrado por Miriam e Ana no dobre a pesar de non gañalo, serveulles de preparación para os galegos do vindeiro fin de semana.

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Arteal Promesas (1-4).
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Club del Mar Infantil (2-4).
  • Resultado: AD Zas O Pînar - Arteal Promesas (4-2).

Tamén os partidos de 2ª Galega foron disputados e crearon moi bo ambiente no ximnasio sobre todo ao ver como xogadores benxamíns e alevíns superaban a xogadores veteranos e donde se comprobaba coma neste deporte non influe tanto a idade. Segue o AD Zas Dimobel Bazar Baio sen dar unha a dereitas nas últimas xornadas como se parecese que se olvidaron de como se xoga ou que están atenazados e mostranse incapaces de resolver situacións moi fáciles. Tamén o VTM Pinturas Figueiras superou ao Club del Mar con máis apuros dos previstos. No AD Zas O Pinar moi ben Laura García, xa recuperada dunha lesión, que superou claramente a Millán pero non puido facer o mesmo ante Xavi.

Próxima semana

O 23 e 24 de marzo son os campionatos galegos alevín e sub23 en Narón polo cal non haberá xornada de liga. A ditos campionatos desprazanse un nutrido grupo de xogadores e xogadoras do AD Zas. En sub23 irán Edu Quintela e Brais Blanco en masculino induvidual e dobres. Ana García, Miriam Domínguez e Maria Castro en Femenino individual, dobres e tamén en equipos. Na categoria alevín desprazanse Lara Romero, Tatiana Recarey e Laura García que tamén competiran en individual, dobres i equipos femeninos.

Todas as novas do tenis de mesa costeiro

Comentarios