Os equipos de tenis de mesa do AD Zas métense en serio perigo de descenso

Non esta sendo unha boa temporada para os equipos de tenis de mesa do AD Zas, pois os dous equipos de 3ª Nacional están a día de hoxe con só 4 e 5 vitorias e cos postos de descenso acechando. Son seis os equipos con esas vitorias e serán tres os que descendan, pero a cousa ponse complicada máis aínda despois das dúas derrotas da pasada fin de semana contra rivais directos.
Tampouco foi boa xornada para os equipos de 1ª Galega xa que tanto AD Zas Dimobel Bazar Baio coma VTM Pinturas Figueiras foron derrotados nas súas saídas. Os zasenses pola mínima e os vimianceses por un enganoso 5-2, pois tres partidos resolveronse por 3-2 favorables sempre aos coruñeses do Finisterre Sphera. Segue mantendo o 2º posto do seu grupo e nas dúas vindeiras xornadas enfróntase ao primeiro e terceiro respectivamente e será onde se clarifiquen os primeiros postos deste grupo centro da 1ª Galega.
A única alegría da xornada veu do equipo de 2ª Galega, o AD Zas O Pinar, que venceu a domicilio por un contundente 7-0 aos de A Estrada. Vanse tranquilizando os xogadores zasenses e empezan a resolver partidos complicados que antes non facían.
3ª División Nacional
- Resultado: Afer Formación Rábade - Concello de Mazaricos (4-1)
- Resultado: Nautalia Viajes - AD Zas Ponciano Nieto (4-2)
1ª División Galega
- Resultado: CTM Coruña - AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-3)
- Resultado: Finisterre TM Sphera - VTM Pinturas Figueiras (5-2)
2ª División Galega
- Resultado: Recreo Cultural A Estrada - AD Zas O Pinar (0-7)
Vindeira xornada
O sábado 15 de febreiro ás 17:00 h no ximnasio do CPI de Zas:
- 3ª Nacional: Concello de Mazaricos - Breogán Oleiros.
- 2ª Galega: AD Zas O Pinar - CTM GAM Masc.
O sábado 15 de febreiro en A Coruña ás 17:00 h nas instalacións do Club del Mar:
- 1ª Galega: Club del Mar - AD Zas Dimobel Bazar Baio.
O sábado 15 de febreiro, en Vimianzo ás 17:00 h no pavillón municipal:
- 1ª Galega: VTM Pintura Figueiras - Finisterre TM Deseñarte.
O domingo 16 de Febreiro, ás 11:00 h nas instalacións do Club del Mar de A Coruña:
- 3ª División Nacional: Club del Mar - AD Zas Ponciano Nieto.
O domingo 16 de febreiro, a partir das 15:30 h no ximnasio do CPI de Zas concentración de 2ª Nacional Femenina con nove encontros a disputar polos equipos de Concello de Cee, SD A Baña, CTM GAM 2F, Club del Mar Femenino, Finisterre TM e Narón Femenino.:
- 15'30 h CTM GAM 2F - Club del Mar Femenino
- 15'30 h SD A Baña - Finisterre TM
- 15'30 h Concello de Cee - Narón Femenino
- 17'00 h SD A Baña - Club del Mar Femenino
- 17'00 h Concello de Cee - Finisterre TM
- 17'00 h CTM GAM 2F - Narón Femenino
- 18'30 h Concello de Cee - Club del Mar Femenino
- 18'30 h CTM GAM 2F - Finisterre TM
- 18'30 h SD A Baña - Narón Femenino.
NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO
- O VTM Pinturas Figueiras segue facendo historia.
- O Pavillón de Cee estreouse como anfitrión para o tenis de mesa autonómico.
- Os derbis de tenis de mesa quedan en Vimianzo e Zas.
- Só dúas vitorias na penúltima xornada do ano para o tenis de mesa costeiro.
- O tenis de mesa é un deporte que xogan 3 contra 3 e… gañan os rivais costeiros.
- O tenis de mesa costeiro dá pasiños miúdos.
- O tenis de mesa costeiro busca psicólogo:
- O equipo de tenis de mesa de Cee xa compiten na 2ª División Nacional feminina.
- Menudo sábado de tenis de mesa en Zas!.
- Ponteceso e Santa Comba únense ás Escolas de Tenis de Mesa da Costa.
- O traballo do verán xa dá resultados á familia costeira do tenis de mesa.
- Os equipos de Zas superaron aos de Mazaricos e Vimianzo no comezo das Ligas de Tenis de mesa.
- Comeza unha nova temporada para a familia do tenis de mesa da co