Escolares de Cee, Camariñas e Muros triunfan nos Provincias de Campo a través Muros, Camariñas

07:46 22/03/23
Esta pasada fin de semana tivo lugar en Ferrol o Campionato provincial de Campo a través do Programa Xogade da Xunta para centros escolares. Centos de pequeatletas da Barbanza, Costa da Morte e Tambre acodiron á cita, na que houbo unha ampla representación costeira.
Cómpre destaca o equipo Infantil masculino do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, que se rexistraron campións. E subcampións provinciais (tamén por equipos) da categoría Alevín masculina e Cadete masculina o Colexio Manuela Rial Mouzo, mentres que o IES Fontexería de Muros quedou subcampión por equipos en Cadete Feminino,
A nivel individual, esta foi a colleita costeira:
- MARTINA VIGO VAZQUEZ (CEIP Louro): Subcampiona en Benxamín Feminino.
- PABLO MOSTEYRIN OSA (CPI Manuela Rial de Cee): subcampión Alevín Masculino.
- EVA FORMOSO RECAREY (IES Fontexería Muros): campiona Cadete Feminino.
- PABLO LESTON UHIA (IES Fontexería Muros): campión Cadete Masculino.
- JESUS GARCIA FIGUEROA (IES Fontexería Muros): subcampión Cadete Masculino.