Martes. 19.11.2019
El tiempo

A familia do tenis de mesa soneirán pecha o curso ligueiro con boas sensacións

Lara Romero e Tatiana Recarey, con Miguel Rey (á dereita)  no choque de AD Zas Cafeteria Talladas ante o Vilagarcía
Lara Romero e Tatiana Recarey, con Miguel Rey (á dereita) no choque de AD Zas Cafeteria Talladas ante o Vilagarcía
A familia do tenis de mesa soneirán pecha o curso ligueiro con boas sensacións
A familia do tenis de mesa soneirán pecha o curso ligueiro con boas sensacións

Remataron as ligas federadas e o AD Zas Ponciano Nieto non foi quen de rematar con vitoria na súa despedida desta aventura da 2ª División, e iso que o deron todo ante un dos equipos máis fortes do grupo, deixando en todo caso un bo sabor de boca e a sensación de volver pronto á categoría.

As que si fixeron un sábado redondo foron as de AD Zas Cafetería Talladas e as de SD A Baña pois todos os seus encontros os vencía polo mesmo 3-0, finalizando con moi ánimo esta 2ª Nacional femenina.

2ª División Nacional masculina

  • Resultado: Club del Mar - AD Zas Ponciano Nieto (4-2).

Encontro con todos os partidos moi disputados, no que a piques estivo o AD Zas Ponciano Nieto de sorprender a un Club del Mar a pouco que a fortuna lle caese máis do seu lado, sobre todo no partido entre Brais Blanco e o paraolímpico Alberto Seoane, con desempates en todos os sest excepto nun,(10-12, 11-3, 12-10, 12-14, 11-13) ou tamén Luis Azevedo que se puxo 2-0 ante Arias e logo este remontoulle. Excepcional Edu Quintela que se supera ante os bos xogadores e foi o que gañou os dous partidos. Deixa boas sensacións o último encontro nesta 2ª División Nacional a que esperan volver pronto.

2ª División Nacional femenina

  • Resultado: Vilagarcía TM - AD Zas Cafeteria Talladas (0-3).
  • Resultado: GAM TM - AD Zas Cafeteria Talladas (0-3).
  • Resultado: Monte Porreiro - AD Zas Cafeteria Talladas (0-3).
  • Resultado: Vilagarcía - SD A Baña (0-3).
  • Resultado: GAM TM - SD A Baña (0-3).
  • Resultado: Monte Porreiro - SD A Baña (0-3).
  • Resultado: Vilagarcía TM - Concello de Mazaricos (3-0).
  • Resultado: GAM TM - Concello de Mazaricos (3-0).
  • Resultado: Monte Porreiro - Concello de Mazaricos (3-0).

Moi ben as xogadoras do AD Zas Cafeteria Talladas (Lara Romero e Tatiana Recarey) e SD A Baña (Noelia Carnota e Alba Pérez) gañando todos os seus encontros por contundentes 3-0 e con poucos partidos axustados, estaban motivadas e así o demostraron no xogo. Tamén comprobaron que cando se xoga ben os resultados ao final acompañan. Un bo final de temporada sempre da ánimos de cara a seguinte.

 

Vindeiros campionatos

Acabaronse as ligas federadas, agora queda prepararse para os torneos, campionatos galegos e dende o AD Zas seguir estendendo o tenis de mesa pola comarca. Estas son as datas de relevancia:

  • Sábado 27 abril: Campionato Intercomarcal Escolar en Zas.
  • Domingo 5 de maio: Xornada final da Liga Malov en Sigüeiro, Oroso.
  • Sábado 11 de maio: Campionato Provincial escolar en A Coruña; Campionato Galego Infantil (equipos) e Veterano (individual) en Ribadeo.
  • Domingo 12 de maio: Campionato Galego Infantil (individual) e Veterano (equipos).
  • Sábado 25 e domingo 26 de maio: Campionato Galego Benxamín e Xuvenil.
 

Todas as novas do tenis de mesa costeiro

Comentarios