Fin de semana de vertixe para o baile e o taekwondo costeiro


Coa satisfacción da boa nova da convocatoria de Anxo Fernández para a Selección Galega de Taekwondo, o Clube Arte e Movemento afronta unha fin de semana completa. Baile e artes marciais serán as protagonistas nestes días.
Por exemplo, o sábado o clube ten triple cita. Diego e Ariadna competirán no Campionato Galego standard, moi importante xa que o momento de recoller os froitos de todo o traballo da temporada.
Ademais, 5 deportistas acoden ao Centro de Tecnificación de Pontevedra no marco do Programa de Tecnificación da Federación galega de Taekwondo.
Ademais, o domingo, Roberto e Patricia estréanse na Categoría B standard no Trofeo de A Estrada, e Diego e Ariadna farán o propio na Categoria A. Pero a atención dominical estará no pavillon de Cee, onde uns 150 deportistas da provincia participarán durante toda a mañá no Campionato Galego Escolar de Técnica.
Campionato Galego de Bailes Standard
Como dicimos, este sábado 17 de marzo Diego Rivadulla (Cee) e Ariadna Leis (San Mamede, Carnota) teñen unha cita clave. Ambos comezaron tamén coa escola municipal de baile deportivo do concello de Carnota, e participarán no Campionato Galego de Standard, que se celebra en A Estrada.
Ariadna (18 anos) e Diego (21) levan 10 e 8 anos competindo respectivamente e, dende fai un ano, están na Categoria A de standard, a máis alta do ranking nacional, a única das centos de parellas do clube que o fan a ese nivel, cos esforzos que conleva pois se trata dunha competición moi esixente (adestran 6h por semana) e moi caro
Terán que bailar os 5 bailes que pertencen a esa modalidade: valse inglés, tango, valse vienés, slow-fox, quick-step. Pero irán a por todas pois participan neste campionato con bastante ilusión xa que no 2010 acadaron por primeira vez chegar a final e remataron 6º, e o ano pasado 2011 fixeron un meritorio 5º posto.
Non acaba aí a participación costeira no Campionato de A Estrada. O domingo 18 tamén competirán os Roberto Ézara e Patricia Túñez, que se estrenarán na Categoria B (que é coma a 2º Division para entendernos).
Taekwondo en Cee

Entrementres, en Cee a atención estará no Taekwondo. O vindeiro domingo 18 de marzo, a partir das 10.00 horas celebrarase no Pavillón Municipal de cee, por primeira vez, o CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA DA PROVINCIA DA CORUÑA. Esta proba terá lugar na vila de Cee grazas á iniciativa e á petición do CLUB DE TAEKWONDO ARTE E MOVEMENTO DE CEE e ademáis será clasificatoria para o Campionato de España.
Participarán máis de 150 deportistas nas categorías prebenxamín, benxamín. alevín, infantil e cadete.
En Cee, acompañarán aos nen@s participantes, estarán destacados deportistas como ESTEFANÍA HERNÁNDEZ (medallista mundial, campiona de Europa e da Copa de Europa, campiona do Mundo Universitaria) ou José Fernández (campión de España absoluto, campión da Copa do Rei e subcampeón da Copa de Europa).
Esta proba está patrocinada pola Secretaría Xeral para o Deportes da Xunta de Galicia e organizan e colaboran a Federación Galega de Taekwondo, o Club Arte de Movemento de Cee, a Delegación de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cee, Pescanova, Nova Galicia Banco e “La Caixa”.
Novas relacionadas
- O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
- 3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate.
- O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín.
- Unha prata e un bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte.
- Xornada de aprendizaxe a nivel galego para os taekwondistas da Costa.
- Unha prata galega para o taekwondo ceense.
- Un ouro, dúas pratas e dous bronces para os taekwondistas da Costa en Malpica.
- 9 deportistas costeiros clasificados para a Copa Xunta de Galicia de Taekwondo.
- Comeza a campaña de taekwondo para ducias ducias de rapaces da bisbarra.
- 880 veciños participan nas actividades deportivas de Cee.
- Exhibición 2011: 2.000 persoas vibraron en Cee cunha tarde preciosa de baile e taekwondo.
- Exibición 2010: Máis de 1.500 persoas disfrutaron da beleza das artes marciais en Cee.
- Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual.
- 3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego.
- Camariñas puxo o quimono.
- Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte.
- A escola Arte e Movemento baila e pelexa.
Fonte
- Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.