Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fin de semana de rally en Dumbría

o Coche de Manolo Senra non faltara a I Subida a Dumbria
O coche de Manolo Senra non faltara a I Subida a Dumbria
Fin de semana de rally en Dumbría

A primeira edición da Subida a Dumbría, organizada por Senra Sport, coa colaboración do Concello de Dumbría e da Federación Galega de Automobilismo (FGA) contará con 52 participantes. O evento forma parte do Campionato Galego de Montaña 2019.

A proba, que se celebra esta fin de semana, conta cun trazado moi atractivo, discorrerá pola estrada que une os lugares de Olveiroa e Hospital. Os adestramentos oficiais comezarán o sábado ás 15.30 horas e a primeira manga oficial será ás 17.30 horas.

A entrega de premios final da I Subida a Dumbría será na Casa da Cultura de Olveira o domingo ao mediodía tras a cuarta manga oficial (a terceira comezará ás 11.30 horas).

Haberá cortes de estrada, debidamente sinalados polo Concello de Dumbría, o sábado de 14.15 a 21.00 horas e o domingo de 08.00 a 16.00 horas. Afectarán á Ermida de Santa Lucía de Olveira, Olveiroa, Logoso, Hospital e Paradela.

A subida coincide o sábado coa romaría de Santa Lucía, polo que as persoas que vaian ver a proba poden comer nunha carpa con pulpeira que estará ubicada diante da Ermida de Santa Lucía.

Subida Dumbría

Comentarios