Venres. 26.04.2024
El tiempo

Iago Canosa, novo seleccionardor Portugués de Slalom

Iago Canosa- Norbert Aguilera
Iago Canosa nunha foto de Norbert Aguilera
Iago Canosa, novo seleccionardor Portugués de Slalom

O padexeiro dumbriés Iago Canosa é o novo adestrador nacional de Slalom de Portugal. Un paso xigante na súa longa carreira.

Empezaba no CDM Piragüismo Dumbría con 9 anos, e aos 15 xa marchou ao Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra. Con 16 foi bronce nos Campionatos de España, e con 17 marchou a Seu d'Urgell co apoio do Concello de Dumbría a entrenar no Grupo Nacional de Tecnificación. Logo seguiu alá co apoio do club traballando co técnico Pere Guerrero, ata que entrou no grupo Sub23 baixo as ordes de Jordi Domenjó. Foi subcampeón de España de Slalom, e formou parte do grupo nacional sub23 concentrado en La Seu.

Como adestrador xa levaba tempo exercendo no seu club de sempre, pero nos últimos anos formou parte da Selección Técnica Nacional de Francia.

Agora tócall facer medrar aos padexeiros portugueses nos principais eventos internacionais 2022 debutndo xa esta fin de semana na Segre Cup.

Comentarios