Venres. 26.04.2024
El tiempo

Iago Canosa loitará contra o mundo na Copa Pirineos

Iago Canosa loitará contra o mundo na Copa Pirineos
Iago Canosa compite na Copa Pirineos

Deportistas dunha vintena de paises dos cinco continentes se dan cita esta fin de semana nos pirineos para competir nunha nova edición da Copa Pirineos. Entre eles estará o palista do CDM Piragüismo Dumbría Iago Canosa.

Na previa a esta competición, Iago competiu na Copa Segre, que se celebra nas canles de Ponts e La Seu, impondose na categoría xuvenil o deportista da costa da morte na primeira competición, a celebrada en Ponts. Sin embargo, na proba celebrada en La Seu Iago foi eliminado en preliminares a causa dunha penalización bastante rigurosa. Lamentablemente non había nesta ocasión posibilidade de revisar o video oficial da proba posto que non funcionaba o sistema.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios