Luns. 17.06.2019
El tiempo

Iván Raña arrasa no seu Triatlón muradán para celebrar o seu 40 aniversario

  • María González completou, cunha gran remontada, o seu doblete muradán tras vencer tamén o Duatlón
Iván Raña campión no seu Triatlon de Muros para celebrar o seu 40 aniversario
Iván Raña campión no seu Triatlon de Muros para celebrar o seu 40 aniversario
Iván Raña arrasa no seu Triatlón muradán para celebrar o seu 40 aniversario

Muros acollía esta pasada fin de semana o II Mar de Muros Tríatlon, chamando este ano Trofeo Iván Raña. E precisamente o deportista galego foi o gran triunfador, dominando a proba de principio a fin protagonizando un auténtico monólogo e levando o título. Mentres en categoría feminina María González (nesta foto) alzábase co ouro nunha remontada tremenda, deixando ca prata Noelia Gómez e a Marta Gil co bronce.

Maria Gonzalez ganou o Triatlon Ivan Rana de Muros

A maxia de Muros, cun circuito espectacular brillou, tanto para os espectadores como para os participantes, que disfrutaron, sobre todo no sector ciclista, dunha beleza paisaxística incrible. Ademais o tempo se mantivo ideal para a práctica deste deporte e auténtico auxe. “Que existan carreiras así con este número de participantes xa é un éxito, recordo cando fai 17 anos só eramos uns 20 ou 30 na liña de saída”, dixo Iván Raña ao finalizar a proba.

Raña xa marcou 20 segundos na natación, e foi na bici onde sacou grandes diferencias. Na carreira a pé, Iván Raña correría sen moito esforzo en solitario e aínda así, batería o récord da proba e situaríao en 57 m 42 s. A segunda praza sería para Brais Otero que fixo unha carreira moi regular, situándose sempre no grupo perseguidor nos 3 sectores. A pouco menos de 10 segundos chegaría Nico Domínguez (gañador no 2018) que ocuparía o último posto do podio. Por último, destacar o 4º posto do muradán Manu Dosil (na foto de abaixo) (CC Muros Tríatlon), que quedara campión do pasado Duatlón

Manu Dosil no Triatlon Muros

En feminina, María González foi quen de remontar ata 4 minutos perdidos na natación, sobre todo na carreira a pé, completando ademais o seu doblete muradán despois de vencer o Duatlón.

O fin de festa tivo lugar no Curro da Praza, no que se lle brindou homenaxe a Iván Raña que recibiu unha placa conmemorativa por parte do Concello de Muros, así como a súa sinatura no Libro de Ouro municipal. Asegurouse tamén o seu nome na proba de aquí en diante, e aproveitou para celebrar o seu 40 aniversario.

A proba en vídeo

Novas relacionadas

Comentarios