luns. 12.01.2026
El tiempo

Lucía Pazos e Aroa Blanco triunfan no Campionato Galego Junior e xa preparan o estatal

Lucia Pazos e Aroa Blanco no Campionato Galego Junior Judo 2026
Lucia Pazos, no segundo chanzo, e Aroa Blanco, no terceiro á esquerda, no podio do Campionato Galego Junior 2026
Lucía Pazos e Aroa Blanco triunfan no Campionato Galego Junior e xa preparan o estatal

Seguen arrasando as nosas judokas. Lucía Pazos e Aroa Blanco conseguiron as medallas de prata e bronce no Campionato Galego Junior 2026 celebrado en Ferrol. A de Merexo só perdeu na final in extremis contra a vilagarciana Leire Villamediana, compañeira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, mentres que a de Coristanco quedou bronce tras perder con Lucia en semifinais e gañar no 3º e 4º posto.

As 3 compañeiras do CGTD preparan xa o Campionato de España Junior que se dispiutará en Pamplona este vindeiro 31 de xaneiro.

Companeiras do CGDT no Campiontso de Ferrol
Lucía e Aroa con todas as compañeiras do CGDT 

Máis novas

Comentarios