Xoves. 12.12.2019
El tiempo

Lucía Pazos, campiona infantil da Copa de España de Judo

Lucía Pazos, campiona infantil da Copa de España de Judo

Xa en agostro brillaba coa Selección Nacional xunto a Naira Blanco, e esta fin de semana volveu demostrar que está na elite nacional. Lucía Pazos Trillo do Judo Club Bergantiños vén de proclamarse campiona da Copa de España, disputada en Valladolid.

A muxiá disputou 4 combates gañando todos por Ippon, a máxima puntuación. Con este resultado colócase na Segunda posición do Ránking Nacional que dá acceso directo ao Campionato de España e se coloca como cabeza de serie na próxima Copa de España que se disputará o próximo 15 de decembro na localidade de Granadilla de Abona en Tenerife. Na copa estará acompañada de 7 compañeiros e compañeiras que intentarán conseguir un bo resultado de cara á fase final nacional.

Novas relacionadas

Comentarios