Luns. 27.01.2020
El tiempo

Manuel Martínez e Felipe Candamo gañadores do I Torneo de Pádel Concello de Muros

Juan, Felipe, María, Ángel e Juan Porrúa no Torneo de Padel de Muros
Juan, Felipe, María, Ángel e Juan Porrúa no Torneo de Padel de Muros
Manuel Martínez e Felipe Candamo gañadores do I Torneo de Pádel Concello de Muros

A enorme afección que ten o pádel en Muros fíxose evidente no campionato que organizou o Concello durante esta pasada fin de semana de Nadal (días 27, 28 e 29 de decembro de 2019).

A dirección técnica do torneo estivo presidida polo concelleiro de deportes, Juan Martínez, e integrada por Ángel Salido, Felipe Candamo, María Dolores Brea e Juan Luces, deportistas coñecidos da localidade e que foron capaces de deseñar un formato dinámico, competitivo e moi ameno.

A idea de mesturar as 12 parellas masculinas coas 4 mixtas que configuraron o cadro definitivo foi un acerto, porque, en conxunto, conseguiuse un magnífico nivel.

A parella formada por Manuel Martínez e Felipe Candamo foron os gañadores tras vencer a Eduardo Fernández e Ángel Molinos na gran final disputada na xornada do domingo.

O magnífico tempo que se mantivo nas tres xornadas foi acompañado por un inmellorable ambiente deportivo, tanto é así que a dirección técnica do torneo está considerando a posibilidade de organizar unha liga para 2020.

Comentarios