Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Martín Varela preparou a Copa da Mundo en Marbella

Martín Varela preparou a Copa da Mundo en Marbella

O cormelán Martín Varela Dourado,integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado polo colectivo "Con V de Valarés", disputou este fin de semana o V Open Cidade de Marbella de tenis en cadeira de rodas, celebrado nas pistas do Palacio de Deportes de San Pedro de Alcántara.
Martín Varela pechou con este torneo o seu período de preparación previo á participación da Selección Española de tenis en cadeira de rodas na Copa do Mundo a celebrar en Sudáfrica a finais de mes.

Viaxe a Sudáfrica

O cormelán competiu durante 3 semanas consecutivas en Cuneo (Italia), Terrasa e Marbella. Agora Martín terá dúas semanas para intentar conseguir o punto de forma óptimo para competir na cita máis importante do ano, representando ao seu país xunto co aresano Illobre e o catalán Tur. O equipo español partirá cara a Sudáfrica o 15 de abril para participar nun torneo internacional preparatorio e xa a semana do 25 ao 30 de abril competirán na Copa do Mundo.

Torneo en Marbella

En canto ao desenvolvemento do torneo, Martín partía como 2º cabeza de serie pero o sorteo non lle favoreceu e emparelláballe en semifinais co seu compañeiro de selección, o aresano Álvaro Illobre. Sen dúbida foi o mellor partido do torneo, moi igualado e cun gran tenis, que ao final caía ao lado de Illobre, o que privaba a Varela de xogar a súa terceira final consecutiva en tan só tres semanas.

Na competición de dobres se xogou a final facendo parella con Illobre pero perdían coa parella formada polos representantes juniors de España na Copa do Mundo, os mozos Daniel Caverzaschi e Roberto Chamizo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios