Venres. 11.10.2024
El tiempo

Muros arde co Triatlón Iván Raña

Un campion do mundo como Ivan Rana estara en Muros copia
Todo un campión do mundo como Ivan Raña estará en Muros
Muros arde co Triatlón Iván Raña

Este sábado, 8 de xuño, celebrase a II edición do Mar de Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña, a partir das 17.00 h. E Muros está que ferve con esta singular proba. Unha cita na que gaberña un ambiente espectacular, convertindo a vila nunha auténtica festa; onde o circuito, sobre todo o ciclista, é de gran beleza, permitindo que sexa unha proba de alta calidade tanto para o público como para os participantes. Unha cita que terá, como gran reclamo, a Iván Raña, que despois de oito anos volve a competir nunha competición de tríatlon en Galicia. Non todos os días se pode compartir liña de saída cun campión do mundo de tríatlon e un emblema do deporte galego a nivel mundial.

Presentacion do Triatlon Muros con Tono Uhia Concelleiro de Deporte Manu Dosil CC Muros Tríatlon Francisco Lestón Xefe de Deportes e Jose Maria CR Muros copia
Presentación do Triatlon Muros con Tono Uhía, Concelleiro de Deporte; Manu Dosil do CC Muros Tríatlon; Francisco Lestón, Xefe de Deportes; e Jose Maria do CR Muros

Ademais, entre os 15 deportistas hai grandes nomes. As favoritas son Adriana Pensado (Arcade Inforhouse), María González (Artrogal 498), Natalia Raña.
En homes, ademais do propio Raña, estarán nos postos altos Nico Domínguez (HPS Disa Triatlon) gañador no pasado ano; o local Manu Dosil (CC Muros Tríatlon) e o coristanqués Cristian Muíño (Arcade Inforhouse). Ambos veñen de protagonizar un fermoso duelo no Duatlón do mes de abril.

Ademais, antes da entrega de premios levarase a cabo unha exhibición de baile a cargo de Dolores Brea, que estará acompañada do seu alumnado.

A organización débese á colaboración de CC Muros, CR Muros, Os Salta Rejos, Protección Civil Muros, Ferretería Dosil, Gadis, Eroski Center, A Vianda, Escuela Europea Parasanitaria, Espina & Delfín, Deportes Arturo, Confraría de Pescadores de Muros, Portos de Galicia.

Novas relacionadas

Comentarios