Naira Blanco e Lucía Pazos, en Andorra coa Selección Nacional de Judo

11:39 28/08/19
Esta semana dúas costeiras participan ca Selección Española na concentración internacional que se celebra no centro de Tecnificación de Ordino, en Andorra. Naira Branco e Lucía Pazos, do Club Judo Bergantiños xa levan tres concentracións no que vai de mes, completando unha pretemporada cargada de adestramentos preparatorios de cara á tempada que comeza en outubro con varias Copas de España en Vigo, Aviles e Tenerife.
Xunto a elas, en Andorra, comprobando o seu crecemento deportivo e persoal, está o Presidente e adestrador do Judo Club Bergantiños, que tamén está como técnico do equipo nacional, David Pérez.
Na concentración comparten experiencias coas participantes das seleccións Francesa, Colombiana e Andorrana.