mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Bm. Camariñas segue aspirando a todo e o Xiria supera o derbi co OAR

O Bm. Camariñas segue aspirando a todo e o Xiria supera o derbi co OAR
Aproveitaron en Carballo para botar a Foto de familia do Xiria

Doble vitoria para os conxuntos da zona esta fin de semana. O Bm. Camariñas suuperaba a un dos abaixo ante uns 150 espectadores no Areal, e segue aspirando a todo nesta Fase polo Título. Os conserveiros mantéñense 4º a 6 puntos do líder.

Mentres, o Calvo Xiria segue nunha liña positiva tras unha cómoda vitoria no derbi provincial ante o OAR Coruña e ante, nada menos que 450 afeccionados. Os carballeses transitan pola parte tibia da táboa agardando obter o maior número de puntos posibles e escalar postos na clasificación final.

1ª Autonómica, Fase polo título, xornada 10

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Poio Artai de Pontevedra (28-26).
  • Parciais: 1-1, 5-2, 8-3, 10-5, 12-9, 15-13, (descanso) 17-16, 19-18, 22-22, 26-24, 26-24, 28-26.
  • BM. CAMARIÑAS: Víctor e Alex. Fari (1), Marcos Bao, Borja (2), Catalán (7), José Ramón(2), Jacob(1), Perón (6), Damián (2), Antelo(1), Fran (5), Carlos Pereiro.

Un partido feo, aburrido con dous equipos que xogaron mal. Destacar os porteiros de ambos equipos, ao pivote visitante Otero, e ao local Catalán que fixo un gran partido en todas as posicións nas que xogou ao longo do partido. O bo deste encontro foron os dous puntos que se quedaron en casa e que permiten seguir aspirando a todo nesta fase de loita polo título.

1ª Estatal, xornada 21

Comentarios