Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Oso Polar sufriu un roubo en Cambre

O Oso Polar sufriu un roubo en Cambre
O Oso Polar Costa da Morte perdeu contra o A.P. Cambre tras un "auténtico roubo" por parte do árbitro J. Noya, segundo denuncian dende o clube ceense. Era o 7º partido da tempada do Oso Polar na Liga FGB e o equipo local venceu ao imporse por 56 a 41. O equipo costeiro segue sufrindo o salto de categoría e mantense na penúltima posición (11º) con 9 puntos. Así e todo, o 3º clasificado ten tan só 11 puntos, polo que unha boa racha sacaría ao Oso Polar da zona baixa.

Datos do encontro

  • Resultado: A.P. Cambre, 56 - Oso Polar Costa da Morte, 41.
  • Parciais: (18-11, 11-12, 15-6, 12-12).
  • Oso Polar Costa da Morte: Manuel (-), Roberto (17 ptos, 3t), Santi (2 ptos), José Ramón (6 ptos) e Pais (10 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Fabián (6 ptos), Busto (-), José (-) e Andrés (-).
  • A. P. Cambre: Carreira (11 ptos), Lariño (11 ptos), Vázquez (5 ptos), Paris (4 ptos) e Prieto (11 ptos, 3t) [cinco inicial]. Tamén xogaron Vila (-), Branco (7 ptos, 1t), Piobelli (-), López (7 ptos) e Calatraba (-).
Partido moi difícil para o Oso Polar ante o segundo clasificado do grupo norte. O A.P. Cambre empezou moi forte o partido con Carreira e Lariño monopolizando o seu xogo ofensivo. O Oso Polar reaccionou e mantívose no partido grazas aos puntos de Pais na zona e Roberto desde o perímetro. Chegábase deste xeito ao descanso con 29 a 23 no marcador a favor do A.P. Cambre. No terceiro cuarto mantíñase igualado o tanteador ata que o árbitro J. Noya quixo un protagonismo que non lle correspondía. Empezou sinalando falta no rebote de ataque a Roberto cando nin tan sequera participaba na xogada. Ao mostrar a súa sorpresa pola decisión do colexiado sinalándose a si mesmo coas mans o señor Noya reaccionou pitándolle unha técnica que supuña a cuarta falta do mellor anotador do Oso Polar. Estas dúas accións provocaron as protestas do adestrador do Oso Polar que recibiu unha nova falta técnica e unha descalificante que lle obrigaba a abandonar o banco. As catro faltas (unha en ataque, 2 técnicas e unha descalificante) supuxeron 8 tiros libres e posesión para un A.P. Cambre que non desaproveitou a ocasión de distanciarse no marcador finalizando o terceiro cuarto con 44 a 29. Logo de asimilar o sucedido, os xogadores do Oso Polar fixeron un último esforzo por recortar a diferenza chegando a colocarse a 10 puntos pero tras fallar varias canastras fáciles e cometer un par de perdas de balón a diferenza volveu dispararse ata o definitivo 56 a 41. Por parte do Oso Polar destacar a actuación de Roberto que anotou 17 con 3 triplos.

Vindeira cita

Esta fin de semana Liga FGB descansa. A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte recibirá o domingo 12 ás 17:00 ao Culleredo no municipal de Cee. Ademais esta semana comezan a xogar as categorías base do equipo costeiro.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar Costa da Morte.

Comentarios