Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Olimpia, entre medallas, arrinca un novo curso coa inscrición aberta para nov@s atletas

Anxo Lado segundo pola esquerda no Olimpia
Anxo Lado, segundo pola esquerda, no podio de Lourenzá
O Olimpia, entre medallas, arrinca un novo curso coa inscrición aberta para nov@s atletas

A familia do AD Olimpia retoma a actividade. O club ceense de atletismo vén de abrir a preiscrición para o novo curso. Así todos os nados en 2016 ou anteriores xa poden probar esta sana disciplina deportiva na vila da Xunqueira, cubrindo este formulario online.

Faino con aínda moitos atletas en competición, traendo medallas para a Costa da Morte. O club xa foi recoñecido como un dos destacados do Circuito provincial, e  o último en triunfar esta pasada fin de semana foi Anxo Lado, subcampión Galego de Milla en Ruta en Lourenzá.

Novas relacionadas

Comentarios